r/independentspain

Image 1 — Qué bandas de la escena son de "culto" en vuestra Comunidad Autónoma, pero apenas conocidos fuera de ella?
Image 2 — Qué bandas de la escena son de "culto" en vuestra Comunidad Autónoma, pero apenas conocidos fuera de ella?

Qué bandas de la escena son de "culto" en vuestra Comunidad Autónoma, pero apenas conocidos fuera de ella?

En Galicia, sin duda alguna tienen que ser Ataque Escampe (bastante conocida para gente dentro de la música en galego) y Malandrómeda. Que ya no estén en activo, Terbutalina también pegó muy fuerte a muchísima juventud galega.

u/bimbochungo — 4 days ago
▲ 31 r/independentspain+1 crossposts

TREMOLO - Novo colectivo cultural

Ola,

estréome por aquí cun post que espero que non quede demasiado de autobombo. Son Javi e son un dos integrantes de TREMOLO, un novo colectivo cultural galego e hoxe celebramos o noso primeiro evento en Santiago de Compostela. Considerei oportuno compartir o proxecto aquí porque penso que encaixa cos valores deste subreddit. Apostamos por programar música independente coa premisa de non contarmos con patrocinios nin apoios institucionais. Estamos pechando novas datas a futuro, que podemos compartir se vos interesan, pero déixovos por aquí o cartaz do primeiro concerto, que vai ser de Sofia (Humo Internacional), cun dj set posterior de Eva Chloé.

De todos xeitos, o principal que queremos compartir convosco é un pequeno manifesto en forma de decálogo e que resume a nosa identidade e o que queremos facer. Para nós a música é unha expresión artística e, como tal, unha ferramenta de transformación social, una ventá aberta ao encontro comunitario e tamén á diversión. Estamos encantados de recibir feedback, de aprender doutras iniciativas similares e gustaríanos ver medrar máis proxectos así en lugares alleos ás grandes xiras de circuíto de salas.

Non somos demasiado activos en Reddit, aínda que revisamos cousiñas de por aquí de cando en cando e temos como propósito interactuar algo máis. Se vos presta saber máis de nós facemos a comunicación (aínda que nos pese) principalmente a través de Instagram, en @ tremolo.colectivo.

Unha aperta ao admin por animarnos a escribir e compartir o proxecto con vós e graciñas por atendernos!

u/bimbochungo — 13 days ago